IV XORNADA DE
TRABALLO SOCIAL
E SAÚDE

SAÚDE, COMUNIDADE E TRABALLO SOCIAL SANITARIO

PRESENTACIÓN

Queremos compartir coñecemento e discutir colectivamente sobre a importancia da comunidade, o territorio e a rede nos procesos de saúde e enfermidade.

Os determinantes sociais presentes na saúde deben ser comprendidos e abordados.

É preciso impulsar estratexias estruturais que promovan e organicen a acción comunitaria dende os dispositivos de saúde con e na comunidade. 

Tamén, as e os traballadores sociais  temos a responsabilidade profesional de planificar e desenvolver accións sociais comunitarias que promovan e favorezan a equidade en saúde, dende o principio  ético do respecto á autonomía da cidadanía e na procura da xustiza social.

OBXECTIVOS

  • Analizar e reflexionar sobre o traballo social sanitario comunitario como práctica transformadora das inequidades en saúde
  • Impulsar o traballo social sanitario comunitario
  • Divulgar para compartir e implantar novas experiencias e boas prácticas no traballo social sanitario colectivo.

¿CÓMO INSCRIBIRSE?

A inscrición será a través deste formulario
⇒Prazo finalizado⇐

PRAZO: ata o 30-4-2024

MATRÍCULA:
15€ Persoas colexiadas
30 € Persoas non colexiadas
5€ Estudantado 

**Incluída a comida

¿QUÉN PODE ACUDIR?

Dirixido preferentemente a profesionais do Traballo Social e do eido da saúde

¿ONDE ENVIAR COMUNICACIÓNS?

As comunicacións serán a través deste formulario
⇒Prazo finalizado⇐

PRAZO: ata o 20-4-2024